Demetrio Carceller
Demetrio Carceller Segura, nado en Las Parras de Castellote (Teruel) o 22 de decembro de 1894 e finado en Madrid o 1 de maio de 1968, foi un político español.
Traxectoria
editarEn 1900 trasládase coa súa familia a Terrassa e estuda en Cataluña a carreira de enxeñería téxtil. En 1918 entra a traballar como químico na pequena empresa petrolífera Sabadell y Henry, con sede en Cornellà, e convértese nun especialista na industria petroleira de España naquela época. Cando a súa compañía pasou a formar parte do monopolio estatal Campsa, en 1927, Carceller converteuse en subdirector da compañía.
Tamén participou da fundación en 1933 da empresa petrolífera Disa (Distribución Industrial SA), con base nas Canarias, posto que o arquipélago non se integraba dentro do monopolio que si rexía na península. Posteriormente foi presidente do Banco Comercial Transatlántico, fundado en 1950 a partir do capital do Banco Alemán Transatlántico.
Politicamente, foi membro da Falange. O golpe de estado de Franco cólleo en zona republicana, pero consegue participar na comisión de Industria e Comercio da Xunta de Defensa de Burgos. O 17 de outubro de 1940 substitúe na carteira do Industria e de Comercio a Luis Alarcón de la Lastra, e seguirá neste posto ata 1945.
Predecesor: Luis de Alarcón |
Ministro de Industria e Comercio 1940 - 1945 |
Sucesor: Juan Antonio Suances |