Juan Ángel Regojo

empresario galego

Juan Ángel Regojo Otero, nado o 17 de xuño de 1933 en Redondela e finado o 26 de outubro de 2015 en Nassau, nas illas Bahamas, foi un empresario galego do sector téxtil.

Infotaula de personaJuan Ángel Regojo
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1933 Editar o valor em Wikidata
Redondela, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de outubro de 2015 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Nassau, Bahamas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Regojo Rodríguez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os seus pais eran José Regojo, un empresario téxtil de Fermoselle (Zamora), e Rita Otero, unha dona de Redondela, filla do doutor Juan Manuel Otero Milleiro. Tivo catro irmás (Rita, Teresa, Concha e Alejandra) e dous irmáns (José e Pedro). Pasou a súa infancia no pazo de Petán, en Redondela. Nos seus anos mozos coñece os membros da familia real española, pois o seu pai era amigo persoal de Xoán de Borbón dende os tempos do seu traballo en Lisboa como comercial téxtil.

Estudou enxeñería industrial e comezou a traballar na fábrica téxtil propiedade do seu pai en Redondela, que se dedicaba á fabricación e venda de camisas. Trala xubilación do seu pai, ocupouse el da dirección da empresa, a canda os seus irmáns. A firma expandiuse internacionalmente, e diversificou o seu produto coa entrada no sector da roupa de sport.

Era patrón da Fundación Fabre, unha ONG de desenvolvemento e cooperación internacional que leva o nome de Ana Bacardí de Regojo, a súa dona, que finou nun accidente en 1998.

Obra editar

  • La familia Regojo. Los corales de Fermoselle, unha recompilación da historia familiar, 2006.

Vida persoal editar

Casou con Ana Bacardí, da familia propietaria do ron Bacardí, coa que viviu en Valladolid e Galicia. O seu sogro, Daniel Bacardí Rosell, chegou a ser vicepresidente da multinacional das bebidas alcólicas. Juan Ángel Regojo faleceu dun infarto mentres asistía nas Bahamas o enterro da súa sogra, Graziella Bravo Viñas.

Tiveron cinco fillos: Gracia Regojo, cooperante e escritora, Ignacio, Ana María, Rita e Helena.