Josu Ortuondo Larrea

político español

Josu Ortuondo Larrea, nado en Bilbao o 13 de febreiro de 1948, é un economista e político vasco do Partido Nacionalista Vasco.

Infotaula de personaJosu Ortuondo Larrea
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Eurodeputado

20 de xullo de 2004 – 13 de xullo de 2009

Circunscrición electoral: España

Eurodeputado

20 de xullo de 1999 – 19 de xullo de 2004

Circunscrición electoral: España

Alcalde de Bilbao
17 de xuño de 1991 – 2 de xullo de 1999
← Jesús María DuñabeitiaIñaki Azkuna Urreta → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto - economía (–1975)
Universidade Complutense de Madrid - posgrao Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónempregado de banca (1969–1987), político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Ciencias Económicas en 1975 pola Universidade de Deusto, mestrado en dirección de empresas, en 1982 fixo un posgrao na Universidade Complutense de Madrid. De 1969 a 1987 traballou como directivo bancario. Foi presidente da empresa Bilbogas, S.A. e Bilbao Ría 2000, S.A. (1993-1999). Foi xefe da Xunta das Caixas de Aforros (1995-1999) e presidente da Feira Internacional de Bilbao (1991-1999).

Membro do Partido Nacionalista Vasco dende moi novo, formou parte do Bizkai Buru Batzar (1980-1982), e de 1987 a 1991 foi Director Xeral de Euskal Irrati Telebista (EITB). De 1991 a 1999 foi alcalde do concello de Bilbao e presidente do Consello Municipal do País Vasco. De 1994 a 1999 foi membro do Comité Executivo do Consello de Municipios e Rexións Europeas e presidente de Eurocities de 1998 a 1999.

Foi elixido deputado pola Coalición Nacionalista nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1999 e pola coalición Galeusca-Pobos de Europa nas eleccións europeas de 2004. Durante o seu mandato foi membro dos grupos parlamentarios Verdes-Alianza Libre Europea (1999-2004) e Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (2004-2009). Entre outros cargos, foi membro da Comisión de Transportes e Turismo. Participou nas delegacións para as relacións cos países de América Central e a Delegación na Asemblea Parlamentaria Unión Europea-América Latina.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar