Josu Anuzita Alegría

futbolista español

Josu Anuzita Alegría, nado en Bilbao o 13 de xaneiro de 1964, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de porteiro.

Infotaula de personaJosu Anuzita Alegría
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1964 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata - 2001 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Deportivo da Coruña
- Barakaldo Club de Fútbol
- Sestao Sport Club Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Desde a campaña 1986–87 ata a 1989–90 foi porteiro do Sestao Sport, con quen debutou en Segunda División o 6 de decembro de 1987, nunha vitoria contra o Real Burgos (0–1).

Na tempada 1990–91 foi contratado polo Deportivo da Coruña, desprazando ao porteiro titular Jorge García Santos. Nesa campaña logrou o ascenso a Primeira División. Na tempada 1991–92, coa chegada de Francisco Liaño, estivo á sombra do meta cántabro, aínda que tivo a súa oportunidade na segunda volta do campionato, onde xogou 12 partidos (da xornada 20 á 31). Na tempada 1992–93 tan só xogou un encontro co conxunto galego, na derrota fronte ao Atlético de Madrid no estadio Vicente Calderón (2–1). Tras esa campaña rematou a súa vinculación co Deportivo.

Na tempada 1993–94 fichou polo Cádiz CF de Segunda División. No club andaluz, pese a cambiar de adestrador en tres ocasións, mantivo a titularidade practicamente todo o campionato, xogando 29 encontros. Ao final, o Cádiz CF descendeu a Segunda División B como último clasificado.

Na tempada 1994–95 foi contratado polo Atlético Marbella, nunha campaña na que trocou de adestrador en 7 ocasións. Yosu xogou 29 encontros e o equipo quedou na 13ª posición da táboa.

Na tempada 1995–96 fichou polo acabado de ascender UD Salamanca, como porteiro suplente de José Ignacio Aizpurúa. Nesta campaña participou tan só en 2 encontros.

Na actualidade é adestrador en Lezama, o campo de adestramento do Athletic Club. Anteriormente foi adestrador do Arenas Club de Getxo (2007–08).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar