Josh Magette

baloncestista estadounidense

Josh Magette, nado o 28 de novembro de 1989 en Birmingham, Alabama, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Lakeland Magic da NBA G League. Cunha estatura de 1,85 metros xoga na posición de base.

Josh Magette
Lakeland Magic – No. 4
Posición Base
Información persoal
Nacemento 28 de novembro de 1989 (34 anos)
Birmingham, Alabama
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 73 kg (160 lb)
Información da carreira
Instituto Spain Park (Hoover, Alabama)
Universidade Alabama–Huntsville (2008–2012)
NBA Draft 2012 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Landstede Basketbal (2012–2013)
Los Angeles D-Fenders (2013–2014)
Koroivos (2014–2015)
Los Angeles D-Fenders (2015–2017)
Atlanta Hawks (2017–2018)
Erie BayHawks (2017–2018)
Cedevita (2018)
Gran Canaria (2018–2019)
Orlando Magic (2019–2020)
Lakeland Magic (2019–2020)
Lakeland Magic (2020–presente)

Traxectoria profesional editar

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2012, Magette uniuse ós Memphis Grizzlies para a Liga de Verán da NBA de 2012, pero non participou en ningún encontro. En agosto de 2012, asinou co Landstede Basketbal neerlandés para a tempada 2012-13, onde en 39 partidos fixo 11.5 puntos, 5.7 asistencias, 2.8 rebotes e 2.5 roubos por partido.[1]

O 1 de novembro de 2013, foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA Development League de 2013 polos Los Angeles D-Fenders.[2]

O 27 de xullo de 2018, Magette asinou co KK Cedevita croata.[3] O 10 de novembro de 2018, foi cortado polo Cedevita.[4]

O 24 de decembro de 2018, Magette asinou un contrato temporal co CB Gran Canaria.[5]

Notas editar

  1. "Magette Signs With Landstede Of Dutch Basketball League". uahchargers.com. 20 de agosto de 2012. Consultado o 1 de xullo de 2014. 
  2. "Magette Drafted 23rd by D-Fenders in D-League Draft". uahchargers.com. 1 de novembro de 2013. Consultado o 1 de xullo de 2014. 
  3. "Cedevita hands playmaking reins to Magette". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2019. 
  4. Cedevita parted ways with Magette and Aguilar, added Banić and Mustapić
  5. "El Herbalife Gran Canaria incorpora al base Josh Magette". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2019. Consultado o 26 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar