Joseph Nasi
João Miquez, coñecido como Joseph Nasi, nado en 1524 e finado en 1579, foi un cortesano xudeu na corte otomá.
Joseph Nasi | |
---|---|
Nacemento | 1524 e 1520 |
Lugar de nacemento | Lisboa |
Falecemento | 1579 |
Lugar de falecemento | Istambul |
Nacionalidade | Imperio Otomán e Reino de Portugal |
Alma máter | Old University of Leuven |
Ocupación | banqueiro e diplomático |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nado nunha familia portuguesa obrigada a converterse ao cristianismo pero que mantiña a relixión xudía, Nasi marcha en 1537 aos Países Baixos e estuda na Universidade Católica de Lovaina, e logo de se graduar entra no negocio bancario. Nasi tivo unha forte influencia nas cortes de Suleimán I e o seu fillo Selim II, nomeado Señor de Tiberiades co mandato expreso de reasentar aos xudeus alí, pero fracasou no seu intento, máis tarde foi nomeado duque de Naxos e as sete illas.