Joseph Cugnot
Nicolas-Joseph Cugnot, nado en Void (Meuse), o 26 de febreiro de 1725[1][2] e finado en París o 2 de outubro de 1804[3], foi un inventor francés.
Joseph Cugnot | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1725 |
Lugar de nacemento | Void-Vacon |
Falecemento | 2 de outubro de 1804 |
Lugar de falecemento | París |
Nacionalidade | Francia e Primeiro Imperio Francés |
Ocupación | engenheiro militar, enxeñeiro e thermophysicist |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
O goberno francés atribúelle a invención do primeiro vehículo autopropulsado, é dicir, do primeiro automóbil. Esta reclamación está disputada por varias fontes que suxiren en cambio que Ferdinand Verbiest, membro das misións xesuítas na China foi o primeiro en construír un coche a vapor por volta de 1672. En calquera caso, si parece que Cugnot ten sido o primeiro en transformar o movemento adiante-atrás dun pistón de vapor en movemento rotativo. Así, foi en 1769 cando conseguiu que funcionase unha versión do seu Fardier à vapeur, é dicir, o seu "Coche de vapor".
NotasEditar
- ↑ Registre de l'état civil de la commune de Void, p. 162.
- ↑ Menciónase ás veces a data do 25 de setembro de 1725 de xeito erróneo, en certas obras, a partir de mediados do século XIX.
- ↑ Le fardier de Cugnot Arquivado 24 de novembro de 2006 en Wayback Machine. descrición detallada na páxina da Société des Ingénieurs de l'Automobile (SIA)
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph Cugnot |
- Cugnot en 3wheelers.com (en inglés)
- Réplica no Museo do automóbil de Tampa Bay (en inglés)
- Hybrid-Vehicle.org: The Steamers Arquivado 25 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)