Un pistón ou émbolo é unha peza móbil dunha máquina, con forma cilíndrica e que se despraza ao longo dun cilindro.

Pistón

Subclase demecanismo de biela-manivela Editar o valor en Wikidata
Parte demotor de movemento alternativo Editar o valor en Wikidata
Medio usadocilindro Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Composto por
Wikidata ]
Compoñentes dun motor a catro tempos:
(E) Árbore de levas de exhaustión
(I) Árbore de levas de admisión
(S) Buxía
(V) Válvulas
(P) Pistón
(R) Biela
(C) Cambota
(W) Refrixeración por auga

Se a máquina é un motor, o movemento do émbolo transforma a presión que existe na cámara (de combustión nun motor de combustión interna, de expansión nunha máquina de vapor), en movemento alternativo, que xeralmente despois será convertido polo mecanismo de biela-manivela en movemento rotativo na cambota. Se a máquina é un compresor, transforma o movemento rotativo en enerxía comunicada a un fluído.