Josefina Blanco

actriz española
(Redirixido desde "Josefina Blanco Tejerina")

Josefa María Ángela Blanco Tejerina, nada en León en 1878 e finada en Pontevedra o 19 de novembro de 1957, foi unha actriz española máis coñecida como Josefina Blanco.

Josefina Blanco
Josefina Blanco.JPG
Nome completoJosefa María Ángela Blanco Tejerina
Nacemento1878
LugarLeón
Falecemento19 de novembro de 1957
LugarPontevedra
NacionalidadeEspaña
Cónxuxe(s)Ramón del Valle-Inclán (1907-1932)
Fillos1. María de la Concepción (1908)
2. Joaquín María Baltasar (1914-1914)
3. Carlos Luis Baltasar (1917-2006)
4. María de la Encarnación Beatriz Baltasara 'Mariquiña' (1919-2003)
5. Jaime Baltasar Clemente (1922-1985)
6. Ana María Antonia Baltasara (1924)
Profesiónactriz
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Iniciouse no mundo da interpretación sendo case unha nena. Coñeceu a quen sería o seu marido, o escritor Ramón del Valle-Inclán no domicilio da actriz María Tubau e o seu marido Ceferino Palencia. Actuaron xuntos nos elencos de A comida das feras, de Jacinto Benavente, en novembro de 1898, e de Os reis no desterro, de Alfonso Daudet, con posta en escena de Alejandro Sawa e representada no Teatro da Comedia de Madrid en xaneiro de 1899. A carreira de Josefina vaise consolidando con pezas como Alma e vida (1902) de Benito Pérez Galdós, no Teatro Español, xunto a Emilio Thuillier, A pecadora (1903), de Ángel Guimerá e O marqués de Bradomín. Coloquios románticos (1906), do seu futuro esposo, coa compañía de Francisco García Ortega e Matilde Moreno.

O seu matrimonio con Ramón del Valle-Inclán, o 24 de agosto de 1907, celebrado na igrexa madrileña de San Sebastián, e o posterior nacemento da súa filla maior María de la Concepción (1908), supuxeron un paro na súa carreira profesional. Non obstante, recuperaría a súa actividade a partir de 1910, incorporándose á compañía de María Guerrero e Fernando Díaz de Mendoza, coa que estrea O rei trovador (1911) e En Flandes puxose o sol (1912) (ambas de Eduardo Marquina) e Conto de abril (1910), Voces de xesta (1912) e A marquesa Rosalinda (1912), (as tres do seu esposo). Retirouse das táboas ese mesmo ano de 1912, có traslado da súa familia a Galicia.

Non regresa aos escenarios ata 1918, coa obra Santa Xoana de Castela, de Benito Pérez Galdós, no Teatro da Princesa, xunto a Margarita Xirgu. Tras iniciar os seus trámites de divorcio en 1932, traballou no Teatro da Comedia ata o inicio da Guerra civil española.

Trala contenda adicouse a actividades editoriais, xestionando o legado do seu marido.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar