Ceferino Palencia
Ceferino Palencia (Fuente de Pedro Naharro, Cuenca, 1859 - Madrid, 1928), dramaturgo español.
Ceferino Palencia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 19 de xullo de 1859 |
Fuente de Pedro Naharro | |
Falecemento | 22 de xullo de 1928 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e dramaturgo |
Cónxuxe | María Tubau |
Fillos | Julio Palencia Tubau e Ceferino Palencia Tubau |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Dirixiu a compañía teatral da súa dona, a actriz María Tubau. As súas obras insérense na corrente da comedia moralizadora realista de mediados do século XIX. Logrou aplausos especialmente a partir de El guardián de la casa (1881), unha sátira contra a mala educación dos mozos. Escribiu despois outras comedias, xa de teses, como La Charra, encamiñada a demostrar os danos de adoptar costumes estranxeiros, xa naturalistas, como Nieves, xa de simple reconstrución e colorido de época, como Comediantes y toreros ou La Vicaría. Destacan tamén Cariños que matan (1882), Pepita Tudó (1901) e La bella Pinguito (1925). Foi pai do médico Ceferino Palencia Tubau, casado coa xornalista e escritora feminista Isabel Oyarzábal Smith (1878-1974).