José dos Santos Ferreira

escritor portugués

José Inocêncio dos Santos Ferreira CvIH, nado en Macau o 28 de xullo de 1919 e finado en Hong Kong o 24 de marzo de 1993, máis coñecido por Adé, foi un poeta de Macau e gran defensor do patuá macaense, lingua crioula da rexión.[1][2]

Modelo:BiografíaJosé dos Santos Ferreira
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1919 Editar o valor en Wikidata
Macau portugués, Imperio Portugués Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 1993 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Hong Kong, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioAdé Editar o valor en Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Naceu o 28 de xullo de 1919 e viviu en Macau a meirande parte da súa vida. O seu pai, Francisco dos Santos Ferreira, era un portugués oriundo de Portugal e a súa nai, Florentina María dos Pasos, era unha macaense.[1]

Alén de poeta e defensor do patuá, José dos Santos Ferreira foi un funcionario público, desempeñando nesa calidade as funcións de xefe da secretaría do Liceu Nacional Infante D. Henrique.[3] Despois de xubilado, foi secretario-xeral da Sociedade de Turismo e Diversións de Macau (STDM) e profesor de portugués a alumnos chineses. Foi tamén un colaborador asiduo do "China Mail" de Hong Kong, da axencia de noticias norteamericana "Associated Press" e de moitos xornais portugueses editados en Macau, como o semanario "O Clarim".[2]

Gran parte da súa vida, Adé dedicouse á divulgación do patuá macaense, sendo o último poeta popular macaense que deixou unha vasta obra composta de poemas, recitais, pezas de teatro, libros, programas radiofónicos e operetas en patuá macaense.[2]

O 3 de setembro de 1979 foi condecorado co grado de Cabaleiro da Orde do Infante D. Henrique.[4], e en 1984 o Gobernador de Macau atribuíulle a Medalla de Mérito Cultural.[2] O Goberno de Macau homenaxeouno ao mandar erguer unha estatua no Xardín das Artes.[3]

Morreu en Hong Kong, o 24 de marzo de 1993, con 73 anos de idade.

  • Escandinávia, Região de Encantos Mil (1960)
  • Macau sa Assi (en patuá) (1968)
  • Qui Nova, Chencho (en patuá) (1974)
  • Papiá Cristâm di Macau: Epitome de gramática comparada e vocabulário : dialecto macaense. Macau: [s.n.] (1978)
  • Bilhar e Caridade (poesías) (1982)
  • Camões, Grándi na Naçám (en patuá) (1982)
  • Poéma di Macau (poesías, en patuá) (1983)
  • Macau di tempo antigo: Poesia e prosa: dialecto macaense. Macau: edição do autor (1985).
  • Nhum Vêlo (en patuá) (1986)
  • Poéma na língu maquista (Poesia em papel-de-arroz). Macau: Livros do Oriente (1992). ISBN 9729418101

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar