Abrir o menú principal

José del Peso Sevillano

mestre e político español

José del Peso Sevillano, nado en La Campana (Sevilla), foi un mestre e político español.

José del Peso Sevillano
 La Campana
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Inspector de ensinanza primaria da provincia de Lugo. A Junta para Ampliación de Estudios concedeulle unha pensión para Suíza (de outubro de 1925 a marzo de 1926) onde se dedicou ao estudo da Psicoloxía experimental e a orientación profesional. Presidente da Organización Republicana Lucense (1930), participou no pacto de Lestrobe. Foi trasladado á provincia de Huelva a finais de 1930. Foi nomeado Inspector de ensinanza da provincia de Cádiz en setembro de 1932 e en xuño de 1935 pasou á provincia de Córdoba.

Casou en 1927 con Carmen Pérez Rosón.

Véxase taménEditar