José de la Torre López

carpinteiro e político galego

José de la Torre López, nado en Bueu cara a 1903 e finado no mesmo concello o 25 de setembro de 1936, foi un carpinteiro e político galego.

Infotaula de personaJosé de la Torre López
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
Bueu, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Bueu, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carpinteiro de ribeira que traballaba na praia de Beluso. Secretario do Partido Comunista de Bueu. Tivo relación con Rómulo Gallegos, que veraneou en Bueu. Na Segunda República logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado membro da xestora municipal de Bueu, pero presentou un escrito de renuncia á súa acta de concelleiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na expedición que tentou acudir a Pontevedra na defensa da República, pero logo rexeitou esconderse. Foi detido o 8 de agosto, que e en setembro os gardas dixéronlle que quedaba libre para irse a casa. Obrigárono a ir pola rúa Pazos Fontenla e á altura da Estacada agardábano para asasinalo. Foi rexistrado morto en Pontevedra a causa de disparo de arma de fogo que lle ocasionou destrución craneana, pois o cadáver apareceu no lugar da Ermida-Marcón, cuneta da estrada que vai a Ponte Caldelas. Estaba procesado como un dos implicados no proceso de intento de voadura da ponte de Beireses, na causa 1363/36.[1]

Notas editar

  1. López Sánchez, Concepción (2017). "Actitudes sociales ante el golpe y la guerra civil en Galicia (1936-1939). Un estudio de caso en perspectiva comparada". La Historia, lost in translation? Actas del XIII Congreso de la Asociación e Historia Contemporánea. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha. pp. 301–312. ISBN 978-84-9044-265-4. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar