José de la Hermida
José de la Hermida Castro Pazos de Probén, finado en Padrón o 13 de maio de 1913, foi un escritor e político galego.
José de la Hermida | |
---|---|
![]() | |
Falecemento | 13 de maio de 1913 |
Lugar de falecemento | Padrón |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e político |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria editar
Fillo de Gregorio Antonio de Hermida, propietario do Pazo de Hermida, e curmán de Rosalía de Castro e sobriño do historiador Jose Verea de Aguiar e Hermida. Foi republicano e librepensador. Instalouse en Madrid pero regresou a Padrón antes da Revolución de 1868. Publicou en Padrón o periódico El Libertador. Colaborou en El Motín e Las Dominicales del Libre Pensamiento. Publicou os opúsculos Expansión político-libre pensadora (1887), ¿Fue el cristianismo un progreso? (1892), Cuba (1892), Sobre el universitario abismo e ¡Leed estudiantes! (1910), utilizando ás veces o pseudónimo Veritas. Finou en Padrón o 13 de maio de 1913.[1]
Notas editar
- ↑ Diario de Pontevedra, 19-5-1913, p. 2.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- José Antonio Durán (1975). "Historia de José Hermida, aristócrata aldeano y librepensador". Tiempo de historia n. 10 (1/9/1975), pp. 40–47, Universidad de Salamanca.