José Yglesias
José Yglesias, nado en Ybor City (Tampa, Florida) o 29 de novembro de 1919 e finado en Nova York o 7 de novembro de 1995, foi un escritor e xornalista estadounidense.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1919 Ybor City, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 7 de novembro de 1995 (75 anos) Beth Israel Medical Center, Estados Unidos de América (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, novelista |
Familia | |
Cónxuxe | Helen Yglesias (1950–) |
Fillos | Rafael Yglesias |
Premios | |
Biografía
editarYglesias naceu no seo dunha familia cubana de orixe galega.
Trasladouse a Nova York en 1936 e serviu na mariña dos Estados Unidos durante a segunda guerra mundial. Estudou no Black Mountain College, aínda que non se graduó. Foi crítico de cine no xornal The Daily Worker. Ademais de en Nova York City viviu tamén na poboación de North Brooklin, no estado de Maine. Entre 1953 e 1963 traballou como executivo na compañía farmacéutica Merck Sharp and Dohme.[2] Despois de publicar o seu primeiro libro A Wake in Ybor City, tanto el como a súa esposa, a novelista Helen Yglesias, dedicáronse á escritura profesionalmente, como tamén faría o seu fillo Rafael Yglesias no futuro, como novelista e guionista.
José Yglesias faleceu o 7 de novembro de 1995 no hospital Beth Israel de Nova York por mor dun cancro.
Publicou doce libros e moitos artigos para The New Yorker, Esquire, a revista do The New York Times entre outras publicacións periódicas.
Obra
editar- A Wake in Ybor City (1973), sobre os cubanos emigrados a Florida.
- The Goodbye Land (1967), sobre Galicia, o lugar de orixe do seu pai.
- In the Fist of the Revolution (1968), unha visión intimista de Mayari, unha pequena poboación campesiña en Cuba, durante o goberno de Fidel Castro.
- An Orderly Life (1968)
- Down There (1970), trata sobre a vida da xente no Brasil, Cuba, Chile e o Perú.
- The Truth About Them (1971)
- Double Double (1974)
- The Franco Years (1975), unha serie de entrevistas e reflexións a persoas que vivían en España baixo o réxime de Franco.
- The Kill Price (1976)
- Home Again
- Tristan and the Hispanics (1989), centrada na vida dun home que foi o máis famoso escritor latino americano da súa xeración.
- Widower’s Walk (1996)