José Viqueira Barrio

médico e coleccionista numismático e de minerais galego

José Viqueira Barrio foi un médico e coleccionista numismático e de minerais galego.[1]

Modelo:BiografíaJosé Viqueira Barrio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, coleccionista Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi médico en Vilagarcía de Arousa. Vendeu a súa colección numismática á Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela en 1934[2]. Cedeu a súa colección mineralóxica, a cal tardou corenta anos en elaborar, ao Museo de Historia Natural da USC. Ten unha rúa dedicada en Vilagarcía de Arousa.

Vida persoal

editar

Casou en Cesuras con Modesta Roa Lago o 23 de xaneiro de 1913[3].

  1. Linares, M.; Alegre, S. (2015). "Nota breve sobre una colección inédita en la Universidad de Santiago". En Boletín Informativo de Amigos de la Egiptología. Nº 78. Páxina 32. ISSN 2013-7540
  2. El Pueblo Gallego, 15-11-1934, p. 12.
  3. El Correo de Galicia, 24-1-1913, p. 2.



 
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.