José Viador Traseira

falanxista galego

José Viador Traseira, nado en Lugo cara a 1901[1] e finado na Fraga Vella (Romariz, Abadín) o 7 de abril de 1940[2], foi un falanxista galego.

Modelo:BiografíaJosé Viador Traseira
Biografía
Nacementoc. 1901 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de abril de 1940 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
A Fraga Vella, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónconstrutor Editar o valor en Wikidata


Necrolóxica de cabodano en El Progreso, 19-IV-1941.

Traxectoria

editar

No curso 1913-14 iniciou os estudos no seminario de Lugo.[3] Contratista de obras, en 1932 foi denunciado por maltrato a un veciño.[4]

Fundador da Falange Española de las JONS de Lugo[5], da que foi xefe provincial dende febreiro de 1936, aínda que só do norte da provincia, pois debido aos conflitos internos, Manuel Hedilla dividiu en dous sectores a provincia, adxudicando o sur a Mario González Zaera. En 1935 tivo un altercado no bar Tupi a consecuencia do cal foi xulgado con outros 15 militantes. En maio de 1936 foi condenado a un mes e un día de arresto por tenza ilícita de armas e reunión clandestina.[6]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xefe provincial de milicias. Despois foi inspector provincial de feiras e inspector provincial da Falange. Trasladouse a Abadín, onde se fixo cunha gran propiedade en Romariz ao cercar case 700 hectáreas do monte comunal Fraga Vella que pertencía aos veciños de cinco parroquias. Foi axustizado o 7 de abril de 1940, e as autoridades atribuíron a autoría da morte ao guerrilleiro Luís Trigo Chao.

Vida persoal

editar

Casou en Madrid con Mercedes Rubio en 1929.[7]

  1. En agosto de 1935 tiña 34 anos. "Circular nº 147". Boletín Oficial de la Provincia de Lugo. 9 de agosto de 1935. 
  2. El Progreso, 10-4-1940, p. 2.
  3. "Primer año de Latín y Humanidades". Boletín oficial eclesiástico del Obispado de Lugo XLII (13). 7 de xullo de 1914. 
  4. "De la comisaría". La Voz de la Verdad. 10 de abril de 1932. p. 7. 
  5. "Comisión permanente". Boletín Oficial de la Provincia de Lugo|data=1 de agosto de 1940}}
  6. "Notas judiciales". La Voz de la Verdad. 20 de maio de 1936. 
  7. El Progreso, 9-10-1929, p. 1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar