José Varela Basabrú

avogado e político galego

José Varela-Portas Basabrú, nado en Lugo o 1 de marzo de 1894[1] e finado no mesmo concello o 16 de xaneiro de 1959,[2] foi un avogado e político galego.

José Varela Basabrú
Nacemento1 de marzo de 1894
Lugar de nacementoLugo
Falecemento16 de xaneiro de 1959
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Iniciou os estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e trasladouse en 1913 á Universidade Central de Madrid.[3] Avogado en Lugo. O 16 de febreiro de 1936, cando se celebraban as eleccións a Cortes, actuando como apoderado do seu cuñado José Benito Pardo Pardo nun colexio electoral de Antas de Ulla, disparou contra José Sabariz García, militante de Izquierda Republicana, Victorino García Otero e outro; José Varela tamén resultou ferido.[4] José Sabariz finou en marzo a consecuencia das feridas.[5]

Vida persoal editar

Casou en 1924 con Josefa Pardo Pardo, filla de José Benito Pardo Rodríguez (Pepe Benito)[6], e foi pai de José Ramón, Víctor, Juan, Javier, Santiago, María Teresa e Aurora Varela Pardo.

Notas editar

  1. El Eco de Galicia, 7-3-1894, p. 3.
  2. Necrolóxica en El Progreso, 17-1-1959, p. 5.
  3. El Regional, 6-8-1913, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 18-2-1936, p. 11.
  5. El Pueblo Gallego, 22-3-1936, p. 10.
  6. El Progreso, 24-6-1926, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar