José Vázquez Batalla

xornalista e político galego

José Vázquez Batalla, nado en Padrón en 1852 e finado en Buño o 7 de febreiro de 1947, foi un avogado e político galego.

José Vázquez Batalla
Nacemento1852
Lugar de nacementoPadrón
Falecemento7 de febreiro de 1947
Lugar de falecementoBuño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo de Engracia Batalla Hermida. Procurador, de ideoloxía republicana, fundou e dirixiu o semanario El Regenerador Padronés (1891-1892). Foi presidente do Sindicato Agrícola de Iria e da Federación de Agricultores de Padrón (1921).[1] Dono do pazo da Hermida de Lestrobe onde se asinou o Pacto de Lestrobe, que herdou de José de la Hermida. Foi presidente do Centro Agrario Republicano de Lestrobe dende agosto de 1931.[2] Finou en Buño o 7 de febreiro de 1947.[3]

Vida persoal Editar

Casou con Laura Fernández Abelenda e foi pai de Pura, Luis, Marina, Álvaro, Bernardino, Ramón e Juan Vázquez Fernández.

Notas Editar

  1. El Compostelano, 13-4-1921, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 9-8-1931, p. 12.
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-2-1947, p. 4.