José Pardo Babarro

médico e político galego

José Pardo Babarro, nado en Ourense o 10 de xuño de 1911 e finado o 21 de xullo de 1938, foi un médico e político galego.

Infotaula de personaJosé Pardo Babarro
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1911 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xullo de 1938 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do propietario dunha fabrica de madeira para mobles. Estudou o bacharelato na Academia Xeral do mestre socialista Manuel Sueiro, antigo empregado na fábrica do seu pai. Obtivo o título de mestre na normal de Ourense, onde foi compañeiro e amigo da poetisa Pura Vázquez e licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1932.

Ampliou os estudos de doutoramento na Universidade Central de Madrid. Na etapa universitaria vinculouse ao Sindicato de Sanidade da CNT, co seu amigo e compañeiro José Rodríguez Portugal. Dende xaneiro de 1933, publicou as súas colaboracións en Solidaridad Obrera da Coruña, que enviaba dende Madrid. Obtivo por oposición a praza de médico interno na Cátedra de Oftalmoloxía da Facultade de Medicina de Madrid, onde traballou dende xullo de 1934 a novembro de 1935, ó tempo que fixo os cursos de doutoramento na "Universidad Central" e preparou a tese doutoral. De volta a Ourense, entre maio de 1935 e xullo de 1936, colaborou na prensa ácrata galega, como Solidaridade Obrera e Brazo y Cerebro, neste último encargouse da sección de sexualidade. Os seus artigos tratan da propaganda libertaria, cultura, sexoloxía e divulgación médica. Ó mesmo tempo pasaba consulta na Rúa Progreso, 37, nunha clínica compartida con Serafín Martínez Malvar, na que se aplicaban o desconto do cincuenta por cento aos afiliados da CNT ou os seus familiares, e na súa consulta de oftalmoloxía na mesma rúa, nº 23, 1ª, na casa familiar. Aprobados os preceptivos cursos optativos de doutoramento, solicitou a tramitación necesaria para a lectura da súa tese, o que foi aceptado a finais de xuño de 1936, pero no seu expediente académico non hai cualificación da tese nin se atopa depositada na correspondente sección da biblioteca universitaria; quizais nunca chegou a lela.

Ó triunfar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 en Ourense, foi enrolado á forza nas tropas fascistas como alférez médico na brigada de Flechas Azules. Ao pouco tempo, e debido aos seus antecedentes políticos, foi trasladado á fronte de combate. Morreu pola explosión dunha bomba en outubro de 1938, aínda que outras versións afirman que foi asasinado polos rebeldes.

Tampouco hai coincidencia sobre o lugar onde ocorreu a morte, se na fronte de Levante, como lles dixeron aos familiares, ou na de Asturias. Aos dous meses entregáronlles unha caixa metálica co cadáver, que foi depositada sen abrir no panteón familiar do cemiterio de Ourense.

O seu pai non quixo celebrar a habitual homenaxe do exército, aínda que se publicaron necrolóxicas na prensa xeral e médica. Como era habitual, foi ascendido de forma póstuma e a súa familia recibiu a correspondente pensión.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar