Abrir o menú principal

Brazo y Cerebro foi un periódico editado na Coruña entre 1935 e 1936.

Historia e característicasEditar

Quincenario anarquista, apareceu o 1 de maio de 1935. Foi o voceiro das Juventudes Libertarias e dos grupos da Federación Anarquista Ibérica da Coruña. Tiraba entre 2.000 e 3.000 exemplares que se distribuían en Galicia e tamén entre os emigrantes galegos en América simpatizantes das ideas libertarias. Careceu de director porque foi alentado por un Grupo Editor no que figuraron Idelfonso González Gil, José González, Arturo Meirás e Antonio Furnarakis. O seu obxectivo era a formación dos anarquistas máis novos nun amplo abano de temas: economía, sexualidade, antimilitarismo, ética anarquista etc. O seu contido transcendeu a temática sindical para centrarse na difusión ideolóxica. Entre os seus colaboradores destacan Diego Abad de Santillán, o teórico anarquista francés Sebastián Faure, o escritor arxentino Rodolfo González Pacheco e o oftalmólogo ourensán José Pardo Babarro. Cesou a súa publicación o 18 de xullo de 1936.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. p. 45. ISBN 84-87783-79-1. 
  • Pereira, Dionisio (1984). Universidade de Haute Bretagne, ed. "Prensa y Anarquismo en Galicia. Análisis de una experiencia: 'Brazo y Cerebro' (1935-1936)" en Actes du Colloque "Typologie de la Presse Hispanique".