Diego Abad de Santillán

militante e teórico anarquista e escritor español

Sinesio Vaudilio García Fernández, coñecido como Diego Abad de Santillán, nado en Reyero (provincia de León) o 20 de maio de 1897 e finado en Barcelona o 18 de outubro de 1983, foi un militante e teórico anarquista e escritor español.

Diego Abad de Santillán
Nome completoSinesio Baudilio García Fernández
Nacemento20 de maio de 1897
Lugar de nacementoReyero
Falecemento18 de outubro de 1983
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupacióneconomista, historiador, tradutor, xornalista, editor literario, escritor, político, anarcosindicalista e sindicalista
CónxuxeElisa Kater
FillosDiego Santillán
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de campesiños pobres, aos oito anos de idade emigrou a Arxentina cos seus pais, Donato García Paniagua e Anxela Fernández. En 1913 volveu a España e comezou a estudar o bacharelato en León e marchou posteriormente a Madrid para estudar Filosofía e Letras. Nunha das súas primeiras obras, El derecho de España a la revolución (1916) adoptou o pseudónimo de Diego Abad de Santillán. Participou na folga xeral de 1917 e estivo na cadea ano e medio, alí fixo amizade con Salvador Seguí e comezou a militar no movemento anarquista. Logo de saír do cárcere e para evitar o servizo militar marchou a Arxentina e integrou a Federación Obrera Regional Argentina e dirixiu o seu órgano La Prostesta. Abad de Santillán foi clave para que esa central sindical non caese baixo o influxo das ideas marxistas que se espallaban con enorme forza logo da revolución rusa. En 1922 fuxindo da represión desatada tras a folga de Patagonia marchou para Berlín, estudou medicina e foi un dos fundadores da Asociación Internacional de Traballadores.

En 1927 regresou a Arxentina e en 1930 tras ser condenado a morte tras o golpe de estado de José Félix Uriburu fuxiu ao Uruguai onde permaneceu ata a proclamación da República en España. Dirixiu o órgano da FAI, Tierra y Libertad e a revista teórica Tiempos Nuevos. Residente en Barcelona cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, participou activamente contra os sublevados na cidade, contribuíndo a organizar o Comité de Milicias Antifascistas de Cataluña, foi conselleiro de Economía da Generalitat de Cataluña (decembro de 1936-marzo de 1937), crítico co goberno de Juan Negrín e coa actuación do PCE durante a guerra. Tras a derrota da República volveu a Arxentina, fundou varias editoriais, traduciu a Bakunin e editou a Gran Enciclopedia Argentina. En 1976 volveu a España pero decepcionado coa actuación da CNT volveu a Arxentina. Regresou a España en 1983, xa enfermo, morrendo aos poucos meses.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar