José Navas Ramírez-Cruzado

escritor español

José Fernando Navas Ramírez-Cruzado é coronel de Artillaría retirado do exército español, diplomado de Estado Maior dos exércitos de España e Portugal, e especialista en historia militar, heráldica e protocolo.

Infotaula de personaJosé Navas Ramírez-Cruzado
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Vinculación con Galicia editar

Estivo destinado quince anos no Estado Maior Rexional da Coruña, desempeñando cometidos de intelixencia, persoal, operacións e protocolo.

Esta permanencia, e estas actividades, permitíronlle estreitar lazos coa sociedade coruñesa en particular e galega en xeral.

Destacou, entre outras, a súa actuación nos actos de homenaxe á Bandeira, a prevención de incendios forestais e como adxunto ao coordinador de Defensa durante a catástrofe do Prestige.

Foi cooperador habitual das universidades de Santiago e A Coruña, incluíndo a Escola Universitaria de Turismo adscrita a esta última (e coñecida antes como Centro Español de Nuevas Profesiones),[1] impartindo clases de cerimonial, protocolo, oratoria e heráldica en cursos de posgrao.[2][3]

Entre outras obras, é autor dos capítulos correspondentes á "Heráldica Militar de Galicia" do volume LIX da obra Proxecto Galicia de Hércules de Edicións.

Director do Museo Militar da Coruña editar

Durante os seus seis anos destinado como director do Museo Militar da Coruña, cargo no que cesou o 6 de maio de 2011,[4] centrou a súa actividade na divulgación da Historia Militar e, en especial, da actuación dos galegos na Guerra da Independencia española.

Do se labor investigador no museo destaca a recuperación da memoria do brigadier coruñés Diego del Barco quen, tras participar en 22 batallas da guerra da Independencia, desde Medina de Rioseco ao Bidasoa, morreu reconquistando Santoña e Laredo, cando xa a guerra terminaba. Ignorado durante douscentos anos, como tantos heroes, foi devolto á memoria dos coruñeses polo museo, que conta cunha estatua do brigadier na súa entrada, e unha reprodución en bronce nos achegados xardíns da Real Maestranza.[5]

En palabras de Nava,

...dábase a ingrata circunstancia de que até agora, na Coruña tan só se honraba a memoria dun xeneral británico, Sir John Moore, que morreu protexendo a súa retirada na batalla de Elviña, e cuxa tumba disfruta dun importante cenotafio no próximo xardín de San Carlos, mentres olvidaba inxustamente a tantos heroicos españois daquela epopea.[6]

Con ocasión do segundo centenario desta contenda participou en congresos, seminarios e xornadas, presentando relatorios en máis de trinta cidades de España e Portugal divulgando a actuación dos exércitos galegos.

É coautor do libro e o CD editados con ocasión da exposición "1808-1814. La historia y su enseñanza. 200 años de la Guerra de la Independencia", da que foi comisario na Coruña, Bailén, Aranjuez, Medina de Rioseco, Camponaraya e Astorga.

Obras principais editar

  • 2004 - Los ejércitos gallegos contra Napoleón en la Guerra de la Independencia. A Coruña: Librería Arenas. ISBN 978-84-95100-09-2. Premio Arenas Quintela 2003-2004 na súa IV edición.
  • 2004 - Libertad y victoria (en colaboración con Arsenio García Fuertes). A Coruña: Librería Arenas. 978-84-95100-11-5.
  • 2013 - Victorias de Galicia. Guerra de la Independencia. Cuando el pueblo gallego derrotó a Napoleón. A Coruña: Hércules de Edicións. ISBN 978-84-9271-561-9.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar