José María Suárez Vence

avogado e xuíz galego

José María Suárez Vence, nado en Cores (A Baña) e finado en Madrid o 20 de maio de 1968[1], foi un avogado e xuíz galego.

José María Suárez Vence
Nacementoséculo XIX
 A Baña
Falecemento20 de maio de 1968
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxuíz
PremiosGran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1915)[2]. Foi xuíz de primeira instancia dos partidos de Negreira, Ponteareas (1924)[3] e Pontevedra (1931)[4] e maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra[5]. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi designado membro da Comisión provincial de incautación de bens en 1937[6], presidente da Audiencia de Pontevedra (1941) e maxistrado do Tribunal Supremo (1958-1964).

RecoñecementosEditar

  • Fillo adoptivo de Pontevedra.
  • Medalla da Cidade de Vigo.
  • Gran cruz de San Raimundo de Peñafort.
  • Medalla do Mérito Militar con distintivo branco.

Vida persoalEditar

Casou con Carmen Santiso García, filla de Luis Santiso Diz, en decembro de 1924,[7] e foi pai de Manuel, Luis, María del Carmen, Susana, Antonio e Xavier Suárez-Vence.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en ABC
  2. El Progreso, 23-10-1915, p. 1.
  3. El Pueblo Gallego, 10-2-1924, p. 6.
  4. El Pueblo Gallego, 3-7-1931, p. 4.
  5. El Pueblo Gallego, 27-1-1933, p. 3.
  6. El Diario de Pontevedra, 30-1-1937, p. 2.
  7. La Voz de Galicia, 18-12-1924, p. 1.