José María Lasarte
José María Lasarte Arana, nado en Donostia en 1912 e finado o 20 de decembro de 1974, foi un avogado e político do País Vasco, militante do nacionalismo vasco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 Donostia, España |
Morte | 20 de decembro de 1974 (61/62 anos) Donostia, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
10 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político, sindicalista |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Traxectoria
editarMilitante do Partido Nacionalista Vasco e do sindicato ELA-STV, do que foi asesor xurídico. Na súa mocidade presidiu as Mocidades Vascas en San Sebastián. Defendeu en xuízo aos alcaldes militantes do partido que se enfrontaron ao goberno da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) en 1933, e foi elixido deputado por Guipúscoa nas eleccións xerais de 1936.
Cando se produciu o golpe de estado que deu lugar á Guerra Civil o 18 de xullo de 1936, xunto con Manuel de Irujo e Telesforo Monzón, presentáronse ante o gobernador civil de Guipúscoa e fixeron unha proclama pola radio póndose de parte da legalidade republicana. Tamén colaborou na creación do Euzko Gudarostea (|Exército Vasco) na comandancia de Loyola, e foi un dos que propuxo como comandante a Cándido Saseta Echebarría. En agosto de 1936 foi encargado do servizo de información do Goberno de Euskadi e en 1937 foi o representante vasco ante os italianos do Corpo Truppe Volontarie na rendición de Santoña.
Ó rematar a guerra civil marchou ó exilio a París, onde organizou o Servizo Secreto Vasco que se puxo en contacto cos servizos franceses, visitou as agrupacións vascas de exiliados de Nova York e Montevideo, e en 1944 foi un dos representantes vascos que asinou o pacto Galeusca. En 1945 pronunciou un discurso nas Cortes da República española no exilio en representación da minoría vasca, e en outubro de 1947 representou ao seu partido no pleno de Esquerra Republicana de Catalunya en Montpellier.
Foi conselleiro de gobernación do Goberno de Euskadi no exilio (1946-1952) á morte de Eliodoro da Torre, creou a Oficina de Prensa de Euskadi e mantivo relacións coa Internacional Demócrata Cristiá. En 1952 dimitiu do seu cargo e estableceuse en Caracas (Venezuela) onde se dedicou ó exercido da avogacía. Á súa volta do exilio dedicouse a refacer o PNV e a promover a cultura vasca e as relacións entre vascos e cataláns.