José Manuel Moledo Rodríguez

farmacéutico e político galego

José Manuel Moledo Rodríguez, nado en Boiro en 1905 e finado o 16 de agosto de 1936, foi un farmacéutico e político galego.

Infotaula de personaJosé Manuel Moledo Rodríguez
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Boiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (30/31 anos)
Beira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Auxiliar de farmacia na Coruña, estaba casado con Fina Trapote. Militante do PCE, foi socio do Casino Republicano da Coruña e participou nalgúns mitins, como o do 14 de abril de 1934 no que interveu como representante do Socorro Rojo Internacional con Uxío Carré Naya, Víctor Casas e Gumersindo Montero. Mantiña na rebotica da farmacia da rúa de San Andrés parladoiros e intercambio de opinións. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Paseado en Hervés (Beira), foi soterrado como “descoñecido” nunha fosa común; a información oficial da policía coruñesa cítao como “fuxido”.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar