José Manuel Fernández de Labastida

Catedrático de Universidade e físico español

José Manuel Fernández de Labastida y del Olmo, nado en Madrid o 10 de marzo de 1958, é un catedrático de universidade e investigador español. En 2024 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.[1]

Modelo:BiografíaJosé Manuel Fernández de Labastida
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1958 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid
Universidade Estatal de Nova York Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigador, catedrático, físico Editar o valor en Wikidata

BUSC: fernandez-de-labastida-y-del-olmo-jose-manuel Dialnet: 41180

Traxectoria

editar

Licenciouse en Física na Universidade Autónoma de Madrid e doutorouse na Universidade Estatal de Nova York en Stony Brook (EUA). É catedrático de Física Teórica na Universidade de Santiago de Compostela. Foi decano da facultade de Física e director da Escola de Doutoramento da USC. Ten traballado en Teoría cuántica de campos, Teoría de cordas, Teoría de nós e Teorías cuánticas de campos topolóxicos. Colaborou co Institute for Advanced Study (Princeton) e o CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas).[2]

Foi Subdirector Xeral de Proxectos e Investigación no Ministerio de Ciencia e Tecnoloxia, Vicepresidente de Investigación Científica e Técnica do Consello Superior de Investigacións Científicas, Secretario Xeral de Política Científica e Tecnolóxica e Director Xeral de Investigación e Xestión do Plan Nacional de I+D+i no Ministerio de Ciencia e Innovación.[3] Foi director da División Científica do Consello Europeo de Investigación (ERC).[4] Desde 2021 é xefe da Unidade de Apoio ao Consello Científico do ERC.[5]

É autor de numerosas publicacións en revistas especializadas e libros colectivos.[6][7]

Premios

editar
  • 2008: Premio de Física da Real Sociedade Española de Física-Fundación BBVA.[8]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar