José Manuel Domínguez Canosa

futbolista, adestrador, profesor e xornalista galego


Jose Manuel Domínguez Canosa, nado en Corcubión o 21 de setembro de 1942, é un exfutbolista, adestrador, profesor e xornalista deportivo galego.

Infotaula de personaJosé Manuel Domínguez Canosa
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Corcubión, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , profesor de educación física , adestrador , xornalista deportivo Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMaría José Domínguez Vázquez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a súa andaina futbolística nos clubs de fútbol Unión Deportiva Corcubión e Unión Club Cee, xogando como dianteiro, e no Bergantiños Fútbol Club e na Selección de fútbol de Galicia na categoría Xuvenil, aquí xogando de interior. Aos 17 anos fichou polo Club Deportivo Lugo, naquela época na segunda división. Tralo seu paso polo Club Deportivo Lemos regresou ao Club Deportivo Lugo. Na tempada 1963-1964 fichou polo Club de Fútbol Calvo Sotelo de As Pontes de García Rodríguez, cando este club ascendeu á terceira división. Tras varios anos no Club de Fútbol Calvo Sotelo, no 1969/1970 pasa a ser adestrador do equipo, compatibilizando este cargo coas funcións de xogador até a tempada 1971/1972.

 
Domínguez 1969, carné da Real Federación Española de Fútbol


O 1 de outubro de 1969 obtén o título de Adestrador Rexional da Real Federación Española de Fútbol.

A partir desta data cambia a súa traxectoria deportiva e pasa a exercer de adestrador, comezando na tempada 1973/74 no Racing Club Vilalbés.

 
Domínguez Canosa na súa etapa de adestrador no Racing Club Vilalbés.


Como adestrador do Club Deportivo As Pontes acadou o ascenso á segunda rexional na tempada 1974/75. Adestrou ao Racing Club Vilalbés novamente na tempada 1975/76, ao Viveiro Club de Fútbol na 1976/77 e ao Racing Club Vilalbés nas tempadas 1978/79 e 1979/1980. No 1980/1981 levou a batuta do Club Deportivo As Pontes.

A súa traxectoria profesional sempre estivo ligada ao mundo do deporte. Domínguez exerceu de profesor de Educación Física no Colexio Endesa de As Pontes de García Rodríguez e durante décadas foi xornalista deportivo para a Radio Televisión de Galicia e para os xornais Marca, La Voz de Galicia e El Corrego Gallego. Segue desenvolvendo esta actividade para diferentes xornais.




Vida persoal editar

Está casado con María Luisa Vázquez Fuentes e é pai da bióloga Susana Domínguez Vázquez e da filóloga María José Domínguez Vázquez.[Cómpre referencia]

Fontes editar

Entrevista persoal realizada por Susana Domínguez Vázquez.