José Manuel Durão Barroso

político portugués
(Redirección desde «José Manuel Barroso»)

José Manuel Durão Barroso, nado en Lisboa o 23 de marzo de 1956, é un político portugués, presidente da Comisión Europea dende o 23 de novembro de 2004; antes, foi Primeiro Ministro de Portugal (do 6 de abril de 2002, cando herdou o cargo de António Guterres, ó 29 de xuño de 2004, cando foi substituído por Pedro Santana Lopes).

José Manuel Durão Barroso
Datos persoais
Nacemento23 de marzo de 1956
 Lisboa
OrganizaciónPartido Socialdemócrata de Portugal
Alma máterFaculdade de Direito da Universidade de Lisboa, Universidade de Georgetown, Walsh School of Foreign Service e Universidade de Xenebra
ProfesiónPolítico e avogado
Relixióncatolicismo
Na rede
IMDB: nm1578721 Discogs: 5500406 WikiTree: Durão_Barroso-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vida antes de 1995 editar

Formación e inicio da súa carreira editar

Licenciouse en Dereito na Universidade de Lisboa e estudou Ciencias Económicas e Sociais na Universidade de Xenebra. Foi profesor asistente na Facultade de Dereito en Georgetown; despois, regresou a Lisboa e converteuse en director do departamento de relacións internacionais da Universidade Lusíada.

Inicio da súa actividade política editar

Na súa xuventude, Durão pertenceu a numerosos grupos maoístas e comunistas, antes da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974. En 1980 uniuse ó Partido Socialdemócrata de Portugal, de dereitas, no que continúa ata o día de hoxe.

Etapas editar

  • Subsecretario de Estado no Ministerio de Asuntos Internos (1985-1987)
  • Secretario de Estado de Asuntos Externos (1987-1992)
  • Ministro de Asuntos Exteriores (1992-1995)

Vida despois de 1995 editar

Oposición editar

En 1995, Durão Barroso foi escollido deputado no Parlamento portugués. Catro anos máis tarde, sería designado presidente do PSD e, polo tanto, líder da oposición.

Goberno editar

O 6 de abril de 2002, Durão Barroso facíase primeiro ministro de Portugal. A súa política viuse marcada polo conservadorismo económico e polo apoio á Guerra de Iraq, opoñéndose así á opinión maioritaria da sociedade do seu país.

Comisión Europea editar

O 29 de xuño de 2004, Barroso dimitiu como primeiro ministro de Portugal para asumi-lo cargo de presidente da Comisión Europea, cargo no que sucedeu ó italiano Romano Prodi.

A elección da Comisión liderada por Barroso non estivo exenta de polémica. Na primeira proposta que se presentou ó Parlamento Europeo, o comisario de Xustiza e vicepresidente era Rocco Buttiglione. Ante a evidencia de que, por uns e outros motivos, o Parlamento non ía acepta-la Comisión, Durão Barroso realizou unha serie de cambios: tras substituír a Rocco Buttiglione por Franco Frattini e a Ingrida Udre por Andris Piebalgs, a Comisión presentouse definitivamente ante o Parlamento e foi aprobada.

Na actualidade, José Manuel Durão Barroso é un dos homes máis destacados na escena política europea actual.


Predecesor:
António Guterres
  
Primeiro Ministro de Portugal
 
2002 - 2004
Sucesor:
Pedro Santana Lopes
Predecesor:
Romano Prodi
  
Presidente da Comisión Europea
 
2004 - 2014
Sucesor:
Jean-Claude Juncker