José Luis de Azcárraga Bustamante
José Luis de Azcárraga Bustamante, nado en Vitoria en 1918 e finado en Bertamiráns (Ames) o 30 de xullo de 1985[1], foi un avogado, escritor e político español.
Traxectoria
editarEstudou Dereito na Universidade de Valladolid e a Universidade de Santiago de Compostela, e fixo o doutoramento na Universidade de Madrid. Foi profesor de Dereito Internacional Público do Centro de Estudios Universitarios e da Academia San Raimundo de Peñafort e profesor de Dereito Internacional do Instituto Católico de Administración de Empresas de Madrid. Tenente coronel do Corpo Xurídico da Armada.
Foi nomeado secretario da Delegación Nacional de Asociacións (1958), Gobernador civil de Cáceres (1960), e en febreiro de 1961 pasou a dirixir o Goberno civil de Lugo, cesando no cargo en novembro de 1962, ao ser nomeado Presidente do Sindicato Nacional da Mariña Mercante[2]. Membro de honra do Consello Superior de Investigacións Científicas e xefe da Sección de Dereito Marítimo do Instituto Francisco de Vitoria. Colaborou en Finisterre e La Noche e foi guionista cinematográfico, autor do guión da película Botón de áncora.
Obras
editar- El Corso Marítimo, 1950.
- La plataforma submarina y el Derecho Internacional, 1952.
- Régimen jurídico de los espacios marítimos, 1953.
- La Carta de las Naciones Unidas y su posible reforma, 1955.
- Legislación internacional marítima, 1955.
- Jurisprudencia Internacional marítima, 1964-1966 (en colaboración con Francisco Fariña Guitián).
Vida persoal
editarCasou con Elena Togores Paramés.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en ABC, 1 de agosto de 1985 (en castelán)
- ↑ El Pueblo Gallego, 29-11-1962, p. 16.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Azcárraga y Bustamante, José Luis". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
editar- José Luis de Azcárraga Bustamente na Auñamendi Eusko Entziklopedia (en castelán)
- José Luis de Azcárraga na IMDb (en inglés).