José Luis Vázquez Platas

garda civil galego

José Luis Vázquez Platas, nado en Santa María de Ois (Coirós) en 1949[1] e finado o 4 de outubro de 1980 en Agurain (Áraba), foi un garda civil galego, falecido en atentado.

Infotaula de personaJosé Luis Vázquez Platas
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata
Santa María de Ois, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de outubro de 1980 Editar o valor em Wikidata (30/31 anos)
Agurain, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSanta María de Ois Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngarda civil Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Incorporado ao servizo da Garda Civil, ascendeu a cabo primeiro e foi destinado a Vitoria. O 4 de outubro de 1980 foi encargado de escoltar o percorrido dunha proba ciclista en Salvatierra. Alí foi tiroteado por un grupo de persoas pertencentes a ETA. Canda el faleceron dous gardas civís máis, un deles o sobradés Ángel Prado Mella[2]. Polo seu atentado foron xulgados e condenados dous homes. Crese que no atentado participaron tamén outras tres persoas que, ou ben faleceron, ou ben aínda non foron xulgadas[3].

Foi inicialmente soterrado en Mieres, e trasladado posteriormente ao camposanto de Santa María de Ois, onde hai unha placa na súa memoria[4].

Vida persoal editar

Casado, tivo unha filla.

Notas editar