José Luis Vázquez Dodero

xornalista e escritor galego

José Luis Vázquez Dodero, nado en Ourense o 30 de xaneiro de 1908 e finado en Madrid o 2 de febreiro de 2001, foi un xornalista, escritor e crítico literario galego.

Infotaula de personaJosé Luis Vázquez Dodero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de febreiro de 2001 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , ensaísta , crítico literario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Galiciana: 151869

Traxectoria editar

Nado en Ourense, aos nove anos trasladouse coa familia a Madrid. Fixo o bacharelato no colexio dos xesuítas de Chamartín. Doutorouse en Dereito e licenciouse en Ciencias Políticas. Dende mozo colaborou nos periódicos El Siglo Futuro e La Nación. Durante a Segunda República militou na Comuñón Tradicionalista[1] e escribiu na revista Acción Española, colaborando estreitamente con Eugenio Vegas Latapié. Discípulo e amigo de Ramiro de Maeztu, acolleuno na súa casa antes de ser apresado, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Despois da guerra traballou como crítico literario na revista Blanco y Negro e no periódico ABC. Foi xefe de colaboracións dese periódico e director da Editorial Prensa Española. En 1957 obtivo o Premio Luca de Tena polo seu artigo "El mito del progreso indefinido", publicado en ABC o 26 de outubro de 1956. [2] Analista de Menéndez Pelayo, dedicouse ao estudo da novela española contemporánea. De ideas conservadoras e monárquicas, pertenceu ao Consello Privado do Conde de Barcelona.

Obras editar

  • Tradicionalismo y fascismo. (Esbozo de un ensayo sobre sus analogías y diferencias) Madrid, 1934.
  • El príncipe que forjó una República. Madrid, 1958 (con Ramiro de Maeztu e o marqués de Quintanar).
  • Delapuente. Madrid, 1973.
  • Lope y Góngora frente a frente. Arbor, Madrid, 1975.

Premios editar

  • Premio Nacional de Literatura Emilia Pardo Bazán, 1964.
  • Premio Nacional de Periodismo, 1978.
  • Premio Nacional de Crítica Literaria.
  • Premio Luca de Tena de periodismo polo artigo “El mito del progreso indefinido” (ABC, 26 de outubro de 1956).
  • Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, 1977.[3]

Notas editar

  1. "Perfil del día". El Siglo Futuro: 1. 15 de novembro de 1934. 
  2. T.L.S. (4 de febreiro de 2001). "Ha muerto J. L. Vázquez Dodero". ABC (Madrid): 48. 
  3. Ministerio de Asuntos Exteriores: "Real Decreto 5/1977 por el que se concede la Gran Cruz de la Orden del Mérito Civil a los señores que se relacionan" (PDF). Boletín Oficial del Estado: 208. núm. 5, de 5 de enero de 1977. ISSN 0212-033X. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar