José Luis Antón

enxeñeiro e escritor galego

José Luis Antón Miranda, nado en Ferrol en 1927 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 2019, foi un enxeñeiro e escritor galego.

Infotaula de personaJosé Luis Antón
Biografía
Nacemento1927 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xaneiro de 2019 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEmilio Antón Miranda Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha importante familia ferrolá: seu pai Matías Cristóbal Antón,[1] consignatario de buques, ocupou cargos importantes na sociedade ferrolá e presidiu a Cámara de Comercio local durante case catro décadas, antes e despois da Guerra. Tamén seu avó,[2] Emilio Antón Iboleón fora alcalde de Ferrol en tres ocasións nas primeiras décadas do século XX, e o seu outro avó, Augusto Miranda Godoy fora militar e ministro da Mariña en cinco ocasións entre 1913 e 1919.

Foi oficial do Exército de Terra, e continuou, reincorporado á vida civil, o seu labor profesional como enxeñeiro. Viviu en Venezuela e nos Estados Unidos, onde traballou para a General Motors. Foi o autor dunha trintena de novelas.[3]

Obra editar

  • Campanas de muerte.
  • Las noches de Gerardo.
  • La ruta de Manila.

Vida persoal editar

Foi o irmán do tamén militar e enxeñeiro Emilio Antón Miranda. Casou con Pipa Fernández en 1956 na catedral de Santiago, e tivo seis fillos.[3]

Notas editar

  1. P, Redacción. "Falleció en Ferrol José Luís Antón Miranda". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2019-01-16. 
  2. (Redacción). "Ferrolanos.-Emilio Antón Miranda, marino de guerra, ingeniero y directivo de empresas del INI". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2019-01-16. 
  3. 3,0 3,1 Loureiro, R. (2019-01-15). "Fallece en Ferrol el escritor e ingeniero José Luis Antón Miranda". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-01-16.