Abrir o menú principal

José Liñares Rama

José Liñares Rama, coñecido como Pepe da Rama, nado en Ordes cara 1906 e finado no mesmo concello o 11 de febreiro de 1947[1], foi un político galego.

TraxectoriaEditar

Zapateiro de profesión. Xefe de Falange de Ordes. Autodenominado alias o 28 porque presumía de ter matado a 28 persoas. Os guerrilleiros do Destacamento Dourado Xaneiro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galica entraron na súa casa e disparáronlle o 11 de febreiro de 1947. Despois fuxiron sen deixar rastro. Parece que o autor dos disparos foi Antonio Nouche Costa.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 16-2-1947, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. Ordes: Asociación Cultural Obradoiro de Historia. p. 61. ISBN 978-84-614-8181-1. 
  • Pazos Gómez, Manuel (2017). "Atila en Ordes. Listaxe de vitimarios". En Sermos Galiza. Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron. Santiago de Compostela. p. 152. ISBN 978-84-697-4726-1.