José Jamardo Grela

ceramista e político galego

José Manuel Jamardo Grela, coñecido como Peteiro, nado en Buenos Aires o 12 de decembro de 1912 e finado en Pontecesures o 8 de agosto de 1956, foi un ceramista e político galego.

José Jamardo Grela
Nacemento12 de decembro de 1912
Lugar de nacementoBuenos Aires
Falecemento8 de agosto de 1956
Lugar de falecementoPontecesures
NacionalidadeEspaña e Arxentina
Ocupaciónceramista e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A familia regresou a Cesures, onde, despois de traballar como camareiro e encargado da máquina de proxección na sala de cine, pasou a ser aprendiz na Cerámica Artística Gallega. Ceramista, traballou como decorador da Cerámica Celta. En 1932 recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra para estudos de cerámica, trasladouse a estudar a Madrid, onde coincidiu con Laxeiro. En 1934 comezou a traballar na fábrica de cerámica A Caeira de Pontevedra. En 1936 estableceu o seu propio taller en Cesures, onde fixo a Virxe da Rocha. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua. Estivo preso na Illa de San Simón. Conmutada a condena a 4 anos, liquidou da pena en novembro de 1940. O tempo de cadea causoulle unha doenza reumática que lle paralizou as pernas, polo que abandonou la actividade artística e abriu un quiosco de prensa en Pontecesures. Foi correspondente administrativo de Faro de Vigo e La Noche en Pontecesures.[1] Músico afeccionado, tocaba a guitarra, e xunto con seu irmán Francisco e outros formou a orquestra Novedades.[2] Finou en Pontecesures o 8 de agosto de 1956.[3][4]

Notas editar

  1. La Noche, 5-3-1955, p. 4.
  2. Piñeiro Ares, José (1992). "El Foucellas" en el Ullán. Pontecesures: Autor-editor. pp. 25–26. ISBN 84-604-3823-6. 
  3. "Fallecimineto de "Peteiro", en Pontecesures",La Noche, 9-8-1956, p. 2.
  4. "Ha muerto José Jamardo Grela", Faro de Vigo, 10-8-1956, p. 4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar