José González Suárez

futbolista galego

José González Suárez, máis coñecido como Pita, nado en Ourense o 7 de xaneiro de 1927 e finado o 21 de outubro de 1971, foi un futbolista galego que xogaba de porteiro.

Pita
Información persoal
Nome José González Suárez
Nacemento 7 de xaneiro de 1927
Lugar de nacemento Ourense
Falecemento 21 de outubro de 1971
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1942–1949 Orensana
1949–1953 Deportivo da Coruña 21 (0)
1952–1953 Zaragoza 25 (0)
1953–1956 Oviedo 15 (0)
1956–1958 Rayo Vallecano 27 (0)
1958–1959 Terrassa 12 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

En 1942, con só 15 anos, converteuse no gardameta da Orensana, club que se acababa de crear pola fusión doutros dous equipos ourensáns.[1] Xogou na Orensana ata 1949, logrando no seu último ano o ascenso á Segunda División.[2] Fichou a continuación polo Deportivo da Coruña, onde foi durante tres anos suplente de Xoán Acuña. Debutou na Primeira División o 23 de outubro de 1949, nun partido contra o Valencia en Mestalla, substituíndo no descanso a Acuña, lesionado na clavícula.[3] Xogou un total de 24 partidos oficiais co Deportivo, a maioría deles na súa terceira tempada na Coruña.

Para a tempada 1952/53 saíu cedido ao Zaragoza, a cambio do regreso de Tino ao club coruñés.[2] No club aragonés foi o gardameta titular por diante de Higinio e Ruiz, disputando 25 partidos, e compartindo vestiario co verinés Avelino Chaves. En agosto de 1953 fichou polo Oviedo,[4] onde militou durante tres campañas, sen dispoñer de moitos partidos, ao ser o porteiro titular Argila.

A continuación xogou dúas tempadas no Rayo Vallecano e outra no Terrassa, todas elas na Segunda División.

Familia editar

Era curmán do tamén gardameta Antonio Suárez, que, igual que Pita, defendeu tamén a portería da Orensana, así como a do CD Ourense.[5][2]

Notas editar

  1. "El deporte orensano". El Correo Gallego (en castelán) (22005). 23 de setembro de 1942. p. 4. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Pita se despide de la afición". La Noche (en castelán) (9810). 5 de agosto de 1952. p. 3. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  3. "En el resultado de Mestalla (3-0 a favor del Valencia sobre el Deportivo) influyó la lesión de Acuña". El Correo Gallego (en castelán) (24190). 25 de outubro de 1949. p. 4. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  4. "Pita, al Oviedo". Hoja oficial del lunes (en castelán). 17 de agosto de 1953. p. 2. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  5. "Con Suárez y Rodolfo". La Región (en castelán) (10303). 27 de agosto de 1950. p. 3. Consultado o 27 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar