José Fernández Miniño
José Fernández Miniño, nado no Porriño cara a 1894 e finado en Guillarei (Tui) o 16 de agosto de 1936, foi un industrial e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1894 O Porriño, España |
Morte | 16 de agosto de 1936 (41/42 anos) Guillarei, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | industrial , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Rogelio Fernández Miniño, Eduardo Fernández Miniño e Antonio Fernández Miniño |
Traxectoria
editarFabricante de calzado no Porriño, chegou a instalar un segundo comercio en Tui en 1934. Formou parte da Federación Obrera Local e mantivo relación co Centro de Estudios Sociales y Científicos do Porriño. Colaborou no Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e sometido a un proceso militar. Estaba preso na cadea de Tui. Foi sacado da cadea e asasinado na Volta da Moura o 16 de agosto de 1936 con Joaquín Alonso Granados.
Vida persoal
editarCasou con Consolación Pereiro Trelles (finada en 1975),[1] e foi pai de Antonio, Carmen, José, Jesús e Enrique Fernández Pereiro.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. pp. 119–122. ISBN 978-84-8341-157-5.
Ligazóns externas
editar- José Fernández Miniño na páxina web Nomes e Voces.