Joaquín Alonso Granados

político español

Joaquín Alonso Granados, nado en Madrid cara a 1900 e finado en Guillarei (Tui) o 16 de agosto de 1936, foi un político español.

Infotaula de personaJoaquín Alonso Granados
Biografía
Nacementodécada de 1900 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (26/36 anos)
Guillarei, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar
 
Monumento aos asasinados na Volta da Moura.

Oficial de Correos en Tui, despois foi oficial en Vigo. En 1930 foi trasladado ao Porriño, onde foi administrador de Correos.[1] En 1932 foi elixido presidente da Agrupación Socialista do Porriño. Representou a Agrupación Socialista na reunión constitutiva do Comité de Izquierdas da Fronte Popular o 27 de xaneiro de 1936, do que foi elixido secretario. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e asasinado na Volta da Moura o 16 de agosto de 1936 con José Fernández Miniño. Foi separado definitivamente do servizo e dado de baixa no Corpo de Correos en febreiro de 1937.[2]

Vida persoal

editar

Casou en Tui con Carmen Santolalla Iglesias en 1925,[3] e foi pai de Fernanda, Joaquín e Manuel Alonso Santolalla. Carmen Santolalla exiliouse en Chile.

  1. La Libertad, 7-6-1930, p. 9.
  2. El Pueblo Gallego, 7-2-1937, p. 9.
  3. Galicia, 29-4-1925, p. 1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar