José Epita Mbomo

membro da Resistencia francesa


José Epita Mbomo, nado en Ibanamai (Corisco, Guinea Ecuatorial) o 15 de agosto de 1911 e finado en Bordeos o 19 de decembro de 1969, foi un electricista e mecánico ecuatoguineano, que foi membro da resistencia contra o nazismo en Francia.[1]

Infotaula de personaJosé Epita Mbomo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1911 Editar o valor em Wikidata
Ilha de Corisco, Guinea Ecuatorial (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de decembro de 1969 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Bordeos, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMérignac (1945–1969)
Francia (1939–)
Mérignac (1939–1944)
Los Alcázares (1927–1939)
Ilha de Corisco (pt) Traducir (1911–1927)
Cartaxena
Los Alcázares
Mérignac Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia (década de 1950–1969)
España (1911–década de 1950) Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoBengas (pt) Traducir e Afro-Spaniard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaComunismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmecânico de manutenção de aeronaves (pt) Traducir , membro da resistencia , electricista , Mecánico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorForclum (en) Traducir (década de 1940–1969) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española e segunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesRaquel Ilonbé (en) Traducir (filla da irmá) Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Naceu o 15 de agosto de 1911 na localidade de Ibanamai, na illa de Corisco, que daquela pertencía á Guinea Española, sendo fillo de José e Catalina Buambuha.[1] Estudou nun colexio relixioso claretiano e viviu coa súa tía, Esperanza.[1]

O 6 de xaneiro de 1927 tres hidroavións da Patrulla Atlántida desembarcaron na illa de Corisco e posteriormente os barcos de apoio levaron para España aos adolescentes guineanos José Friman Mata e ao propio Epita Mbomo.[1] Ambos foron apadriñados polo comandante Rafael Llorente e pasaron a xogar ao fútbol no Club Deportivo Alcázares.[1] O 4 de abril de 1927, Epita incorporouse como mecánico de hidroavións ao taller da base militar de Los Alcázares, onde tamén ingresou Friman.[1][2]

O 1 de xaneiro de 1936 casou en Cartaxena con Cristina Sáez, a pesar da oposición da sociedade da época. Foi o primeiro negro que casou cunha muller branca en Cartaxena.[1] A expectación creada polo enlace fixo que ata a prensa madrileña o recollese nas súas crónicas.[1]

En 1938 foi ascendido a tenente. Cara ao final da Guerra Civil española, en xaneiro de 1939, a súa muller fuxiu cos seus dous fillos e a súa nai a Banyoles no taxi do seu irmán e de alí a Francia sen agardar ao seu marido José.[1] Este exiliouse en Francia, cruzando a fronteira por primeira vez o 6 de febreiro de 1939 na procura da súa familia, coa que se reagrupou varios meses despois.[1] Durante os primeiros 10 meses no país galo pasou por varios campos de concentración como Saint-Cyprien, Argelès-sur-Mer, Gurs ou Septfonds.[1]

O 6 de decembro de 1939, e grazas á súa especialización, foi contratado por unha empresa de Bordeos. En 1942, en plena Segunda guerra mundial, Epita uniuse a un grupo mixto da Resistencia francesa chamado Francotiradores e Partisanos Franceses do Sur/Guerrilleiros Españois, cos que participou en actos de sabotaxe e propaganda. [1] O 1 de abril de 1942 pasou a ser xefe do grupo local da Resistencia, baixo o mando de Julian Comme.[1]

O 28 de marzo de 1944 foi capturado pola policía francesa. Dous meses despois foi deportado ao campo de concentración de Neuengamme xunto con outros 200 españois, sendo o preso número 31.635.[1] Alí traballou como mecánico de día e camareiro pola noite.[1] Ao final da guerra foi evacuado dese campo a bordo do buque prisión Cap Arcona, que foi bombardeado por erro polos Aliados, converténdose nun dos seus 350 superviventes.[1]

Ao final da guerra volveu a Mérignac coa súa familia, e traballou para a empresa eléctrica Forclum. En 1956, tramitou o cambio de nacionalidade e apelido, de Epita a Mbomo.[1] En 1968, a raíz da Primavera de Praga, rompeu o seu carné do Partido Comunista Francés e un ano despois visitou España por primeira vez tralo seu exilio.[1] Cando regresou a Francia, diagnosticáronlle un linfoma de Hodgkin, morrendo a finais dese ano.[1]

Recoñecementos editar

En 1975 recibiu honras póstumas por parte da República Francesa, séndolle concedidas a Cruz da Resistencia Voluntaria e a Medalla de Deportación e Internamento por Actos de Resistencia.[3]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 Constenla, Tereixa (20 de febreiro de 221). "José Epita Mbomo, el electricista que saboteó a los nazis y salvó a sus amigos". El País (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  2. prensa (9 de xuño de 2021). "El alcalde de Los Alcázares y el concejal de Cultura reciben a la familia de José Mbomo en su visita a Los Alcázares" (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  3. López Doval, Román (2021). "Electricistas con un lugar en la historia" (PDF). Asinec (99): 24. ISSN 1886-4090. Consultado o 10 de agosto de 2022.