José Echeveste

futbolista vasco

José Echeveste Galfarsoro, nado o 19 de marzo de 1899 en Irún (Guipúscoa) e finado na mesma vila o 7 de decembro de 1982, foi un futbolista vasco que xogaba na demarcación de dianteiro.

José Echeveste
Información persoal
Nacemento 19 de marzo de 1899
Lugar de nacemento Irún
Falecemento 7 de decembro de 1982
Lugar de falecemento Irún
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A súa carreira futbolística transcorreu no Real Unión de Irún, onde militou oito tempadas. As súas boas actuacións levárono a ir convocado coa Selección de fútbol de España, coa que debutou o 30 de abril de 1922 ante Francia, con vitoria española por 4-0. En total xogou catro encontros coa selección.[1]

Notas editar

  1. "José Echeveste Galfarsoro". Selección española de fútbol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2021. Consultado o 10 de novembro de 2021.