José Devesa Areosa

político galego

José Modesto Isaac Devesa Areosa, coñecido como Pepiño Areosa, nado en Santiago de Compostela en xullo de 1908 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un empregado e político galego.

Infotaula de personaJosé Devesa Areosa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoxullo de 1908 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Cacheiras, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballou na armería familiar (Armería Areosa. Máquinas de Coser) na Rúa do Vilar, e despois no taller de mecánica do seu tio José. Foi agredido por varios jaimistas en xaneiro de 1933,[1][2] e como consecuencia sufriu unha trepanación.[3][4] Militou en Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi axente do Comité Executivo da Fronte Popular de Compostela. Detido e ingresado na prisión de Compostela, foi sacado da prisión a noite do 18 de agosto e paseado en Cacheiras (Teo). O seu cadáver apareceu xunto co de Ánxel Casal.

Notas editar

  1. El Compostelano, 14-1-1933, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 19-1-1933, p. 2.
  3. El Eco de Santiago, 14-1-1933, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 12-3-1933, p. 6.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Lamela García, Luis (2005). Do Castro, ed. 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada. pp. 270–271. ISBN 84-8485-186-9. 

Ligazóns externas editar