José Cuba
José Cuba Vázquez, nado o 15 de abril de 1981 en Berna, pero criado en Vilalba, é un loitador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1981 (43 anos) Berna, Suíza |
Altura | 187 cm |
Actividade | |
Ocupación | loitador afeccionado, policía |
Deporte | loita afeccionada |
Traxectoria
editarFillo de emigrantes galegos en Suíza, volveu coa súa familia á parroquia vilalbesa de San Simón da Costa cando aínda era un neno.[1] Pertence á federación galega de loita e ao Club de Loita Vilalba.[2] En 2009 ficou no décimo primeiro posto no Campionato do Mundo de loita.[3] En 2018 acadou o seu décimo cuarto título como Campión de España de loita olímpica na categoría de -125 kg[4][5] e sétimo no Campionato de Europa dese mesmo ano.[3] No 2015 obtivo o seu mellor resultado nuns Xogos Europeos, quedando en décimo sétima posición.[3] Nos Xogos Mediterráneos foi subcampión en 2015 e campión en 2016.[3] En novembro de 2020, acadou o seu décimo sexto Campionato de España.[6]
Notas
editar- ↑ "José Cuba Vázquez". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 5 de decembro de 2020.
- ↑ "Las 13 preguntas a José Cuba". felucha.com. Consultado o 6 de decembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Cuba Vazquez, Jose". iat.uni-leipzig.de. Consultado o 6 de decembro de 2020.
- ↑ "José Cuba Vázquez, catorce veces oro". El correo gallego. 12 de febreiro de 2018. Consultado o 5 de decembro de 2020.
- ↑ "José Cuba, Campeón de España por 14ª vez". fegaloita.es. Consultado o 5 de decembro de 2020.
- ↑ "José Cuba, campeón de España por 16ª vez en lucha olímpica". El Progreso. 29 de novembro de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil de José Cuba na páxina do Comité Olímpico EspañolArquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)
- Perfil de José Cuba na páxina de iat.uni-leipzig.de (en inglés)