José Company Pérez

político español

José Company Pérez, nado en Gandía, Valencia, o 25 de abril de 1772 e finado en Madrid, o 1 de outubro de 1824, foi un político valenciano.[1]

TraxectoriaEditar

En 1789 conseguiu o grao de bacharel en Filosofía pola Universidade de Valencia[2]. Partidario do liberalismo, durante a Guerra de independencia foi secretario de despacho de facenda interino da Xunta Suprema Central entre o 13 de novembro de 1810 e o 14 de xaneiro de 1811.[3][4]

Foi cabaleiro pensionado da Orde de Carlos III, na que ingresou o 22 de marzo de 1811.[2]

Predecesor:
Nicolás María Sierra
 Ministro de Facenda 
13 de novembro de 1810- 14 de xaneiro de 1811
Sucesor:
José Canga Argüelles

NotasEditar

  1. Paniagua & Piqueras (2005), p. 165
  2. 2,0 2,1 Pérez Olagüe, Carmen. "José Company Pérez". Dicionario biográfico. Real Academia da Historia. Consultado o 09-02-2019. 
  3. "Ministerios españoles. Reinado de Fernando VII". humanidades.cchs.csic.es. Consultado o 09-02-2019. 
  4. Francisco (1997), p.19

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar