José Carlos Fernandes

historietista portugués

José Carlos Fernandes, nado en Loulé (Algarve) o 16 de outubro de 1964, é un autor de banda deseñada portugués. A súa obra foi traducida a linguas como o francés, o castelán, o polaco ou o éuscaro.

Infotaula de personaJosé Carlos Fernandes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Loulé, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a facerse notar no medio alternativo dos fanzines portugueses, nos que, amais dunha coherencia gráfica no seu traballo, demostraba unha extraordinaria produtividade, con innumerábeis pranchas e ilustracións aparecidas en diversas publicacións alternativas de BD que xurdiron na década de 1990. Entre os fanzines cos que colaborou están O Independente, PúblicoQuadrado, Comix e Selecções BD. Fóra de Portugal tamén publicou en Métal Hurlant, Panacea, Níquel Náusea e Trama.

O seu primeiro traballo, datado en decembro de 1989, contaba apenas con dúas pranchas e tiña por título Alix do outro lado do espelho. Este traballo viu a luz nas páxinas do nº2 do fanzine lisboeta Shock.

En 1993 publica Controlo Remoto hoxe convertido nun artigo de colección moi valorado. En 1994, a Associação Neuromanso publica A Lâmina Fria da Lua, «o primeiro comic book Português, feito por um autor Português e publicado em Portugal», a obra que o deu a coñecer entre un público máis amplo.

Entre as súas obras máis recoñecidas a nivel internacional destacan Satélites, Crossroads e moi especialmente a serie A pior banda do mundo que conta na actualidade con 6 volumes (segundo ten anunciado o autor aínda han de aparecer polo menos tres volumes máis): 1 - O Quiosque da Utopia; 2 - O Museu Nacional do Acessório e do Irrelevante; 3 - As Ruínas de Babel; 4 - A Grande Enciclopédia do Conhecimento Obsoleto; 5 - O Depósito dos Refugos Postais; 6 - Os Arquivos do Prodigioso e do Paranormal.

Ao longo da súa carreira reflectíronse dentro da súa narrativa moitas das súas influencias literarias (Ray Bradbury, Gabriel García Márquez) e musicais (Bauhaus, Laurie Anderson, Smashing Pumpkins) que contribuíron na definición do estilo propio de Fernandes.

Premios editar

Entre outros, obtivo por tres veces o Premio Rafael Bordalo Pinheiro da C. M. de Lisboa (1991, 1993 e 1995), primeiros premios nos concursos de BD de Matosinhos (1995) e Ourense (1995). En 2001 foi distinguido co Prémio Humor do 14º Salão Livre de Humor Nacional de Oeiras. O primeiro volume de A Pior Banda do Mundo, Quiosque da Utopia, foi elixido o Melhor Álbum Português de 2002 polo Festival Internacional de Banda Desenhada da Amadora e polo Diário de Notícias. A web La Guía del Cómic de España atribuíulle o terceiro lugar no top dos mellores álbums de BD de 2002 publicados a nivel internacional.

Adaptacións ao cinema editar

  • Delfina Dilema de Isabel Cardeira (España, 2004), a partir da BD O inextricável labirinto do destino
  • La Señorita Zuenig de Sofia Teixeira-Gomes (España, 2004), a partir da BD O inextricável labirinto do destino
  • O Gosto de Ferrugem de J. Audaci Junior (Brasil, 2005), a partir da BD Todo o sal do mar.

Bibliografía editar

  • Controlo remoto. Ed. Cáspite! (1993).
  • A lâmina fria da lua. Associação Neuromanso/ASIBDP (1994)
  • Irrealidades quotidianas. Ed. Cáspite!/CM Loulé (1994)
  • Abaixo de cão. Pedranocharco (1996)
  • Um catálogo de sonhos. Pedranocharco (1996)
  • O futuro fora de prazo. Jogo de Imagens (1996)
  • Coração de arame. Edición de autor (1997)
  • Sem ressentimentos. ASIBDP (1997)
  • Satélites. ASIBDP (1997)
  • Alguém desarruma estas rosas. Pedranocharco (1997)
  • As aventuras do barão Wrangel. Pedranocharco (1997)
  • A máquina de prever o futuro de José Frotz. Jogo de Imagens (1997)
  • Época morta. Polvo (1997)
  • Avaria. Casa da Cultura de Loulé (1997)
  • O mar aqui tão perto. Parque Natural da Ria Formosa (1997)
  • Daqui a pouco. Baleiazul (1998)
  • Estilhaços. ASIBDP (1998)
  • Crossroads. Baleiazul (1999; texto de João Miguel Lameiras e João Ramalho Santos)
  • Sob um mar de estanho. ASIBDP (1999)
  • A revolução interior. Afrontamento (2000; argumento de João Miguel Lameiras e João Ramalho Santos)
  • Um passeio ao outro lado da noite. Centro Regional de Alcoologia do Centro (2002)
  • Francisco e o Rei de Simesmo. Centro Regional de Alcoologia do Centro (2003)
  • Pessoas que usam bonés-com-hélice. ASA (2003)
  • A última obra prima de Aaron Slobodj (2004; sen publicar)
  • Black Box Stories 1: Tratado de umbrografia (con deseños de Luís Henriques; 2006; sen publicar)
  • Os pesadelos fiscais de Porfírio Zap. Ministério das Finanças (2007)
  • O que está escrito nas estrelas 1: Anos I e II. Tinta-da-China (2008)
  • Terra Incognita 1: A metrópole feérica. Tinta-da-China (con deseños de Luís Henriques; 2008)
  • José Mendes Cabeçadas Júnior – Um Espírito Indomável. Câmara Municipal de Loulé (con deseños de Roberto Gomes; 2010)
  • Agencia De Viajes Lemming. Astiberri (2011)
  • A pior banda do mundo 1: O Quiosque da Utopia (2002; sen publicar)
  • A pior banda do mundo 2: O Museu Nacional do Acessório e do Irrelevante (2003; sen publicar)
  • A pior banda do mundo 3: As Ruínas de Babel (2003; sen publicar)
  • A pior banda do mundo 4: A Grande Enciclopédia do Conhecimento Obsoleto (2004; sen publicar)
  • A pior banda do mundo 5: O Depósito dos Refugos Postais (2006)
  • A pior banda do mundo 6: Os Arquivos do Prodigioso e do Paranormal (2007)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar