José Caamaño Caamaño
avogado e político galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: José Caamaño.
José Caamaño Caamaño, nado en Negreira e finado en Santiago de Compostela o 20 de abril de 1970,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Negreira, España |
Morte | 20 de abril de 1970 Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Foi secretario do Centro Republicano de Santiago de Compostela.[2] O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido até o remate da guerra. Entregouse e foi xulgado na Coruña por rebelión, sendo absolto. Foille incoado un expediente de investigación por deserción polo Consello Supremo de Xustiza Militar de Madrid.
Notas editar
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-4-1970, p. 13.
- ↑ El Eco de Santiago, 3-8-1931, p. 2.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- José Caamaño Caamaño na páxina web Nomes e Voces.