José Barreiro Álvarez

político español

José Barreiro Álvarez, nado en Baiona en 1878 e finado no mesmo concello o 19 de decembro de 1937, foi un farmacéutico, empresario e político galego.

José Barreiro Álvarez
Nacemento1878
Lugar de nacementoBaiona
Falecemento19 de decembro de 1937
Lugar de falecementoBaiona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Manuel Barreiro e Juana Álvarez de Blas, dunha acomodada familia baionesa. Estudou farmacia. En 1908 xa formara parte da primeira directiva da Sociedade de mariñeiros e pescadores A Anunciada[1]. Foi nomeado xuíz de paz en xullo de 1911. Foi un dos propietarios do forno de cal situado na praia da Ladeira de Baiona. Chegou á alcaldía por primeira vez no bienio 1921 a 1923. Anos despois tivo distintos cargos de asociacións baionesas, entre elas o de vicepresidente do Liceo Recreativo con Ulpiano Nogueira como presidente. En outubro de 1933 era o contador na Unión Regional de Derechas do Val Miñor. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, o 25 de xullo, foi nomeado presidente da Xestora Municipal de Baiona. Deixou o cargo de alcalde de Baiona en 1937 por problemas de saúde, sendo nomeado para o no seu posto Ricardo Agustí Sanjuán. Faleceu pouco despois, o 19 de decembro de 1937.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Benito San Claudio
  
Alcalde de Baiona
 
1918 - 1923
Sucesor:
Manuel Barreiro Álvarez
Predecesor:
Agustín Villafines González
  
Alcalde de Baiona
 
1936 - 1937
Sucesor:
Ricardo Agustí Sanjuán