José Bóveda Formigo

sindicalista e político galego

José Bóveda Formigo, coñecido como Pepe Bóveda, nado en Ventosela (Ribadavia) e finado na mesma parroquia en 2007, foi un sindicalista e político galego.

José Bóveda Formigo
Nacementoséculo XIX
 Ventosela, Ribadavia
Falecemento2007
 Ventosela, Ribadavia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A comezos da Segunda República fundou a CNT do Ribeiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ourense por rebelión militar foi condenado a cadea perpetua. Trasladado o 26 de xuño de 1937 á prisión do Forte de San Cristóbal de Pamplona, participou na fuga do 22 de maio de 1938, xunto con outros 1 085 presos; pero foi detido. Foi condenado a 17 anos máis de cadea. Revisada a súa condena, saíu á rúa en setembro de 1945 e regresou de a Ribadavia. Pola presión dos fascistas locais, tivo que emigrar a Barcelona en 1947.

En 2002 recibiu unha homenaxe dos Amigos da República de Ourense.[1]

Vida persoalEditar

Casou con Pilar Feijóo-Montenegro en 1957.

NotasEditar

  1. "Amigos da República honran ó fundador da CNT no Ribeiro", La Voz de Galicia, 13-3-2002, p. 10.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar