José Arias Digón

político galego

José Arias Digón, nado en Noudelo (Donís, Cervantes) o 12 de decembro de 1899 e finado en Cidade de México o 19 de xuño de 1962, foi un político galego.

Modelo:BiografíaJosé Arias Digón
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1899 Editar o valor en Wikidata
Noudelo, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Ricardo Arias Fernández e irmán de Eduardo Arias Digón, foi ferroviario e albanel. Membro da Confederación Nacional do Traballo (CNT), tivo varios cargos sindicais antes e durante a guerra civil. Ao rematar a guerra exiliouse en México arrivando a Veracruz no vapor Mexique o 7 de xullo de 1939. Foi beneficiario da axuda económica do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE). En México deixou de utilizar o alias de José López Alonso e pasou a usar o seu nome. Asentouse en Santa Clara (Chihuahua). Morreu de cancro no Sanatorio español de Cidade de México en 1962.

Vida persoal

editar

Casou con Virginia Pérez Rodríguez, coa que tivo dúas fillas, María e Josefina, e coa que chegou ao exilio. Tivo despois outros dous fillos que faleceron moi pequenos, Manuel e Libertad.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar