José Antonio Ortega Lara
José Antonio Ortega Lara, nado en Montuenga (pedanía de Madrigalejo del Monte, provincia de Burgos) en 1958, é un funcionario de prisións español retirado.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Montuengua (España franquista) |
Educación | Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Actividade | |
Ocupación | político, axente penitenciario |
Partido político | Partido Popular (1987–2008) Vox |
Participou en | |
25 de xuño de 2012 | manifesto de reconversión.es |
Cronoloxía | |
17 de xaneiro de 1996-1 de xullo de 1997 | Kidnapping and rescue of José Antonio Ortega Lara (en) |
Traxectoria
editarMestre e licenciado en Dereito, permaneceu secuestrado pola organización terrorista ETA durante 532 días entre 1996 e 1997. Foi militante do Partido Popular entre 1987 e 2008. Actualmente vive en Burgos.
O 16 de xaneiro de 2014 presentou, como membro do Comité Executivo Provisional, o partido político Vox xunto con outros exmilitantes do Partido Popular,[1] como Santiago Abascal, José Luís González Quirós e Ignacio Camuñas, entre outros, xerando unha alternativa á dereita[2] do Partido Popular. O nome do partido é Vox e se autodefine como unha alternativa «rexeneradora» fronte ós dous partidos maioritarios, e que a súa fundación responde a un sentimento de orfandade política no centro dereita.[3][4] Vox concorreu ás eleccións europeas de 2014 pero non obtivo representación.[5]
Notas
editar- ↑ "Vox, el nuevo partido de Ortega Lara, aboga por fortalecer el papel del Rey, la familia y el centralismo en España".
- ↑ "Ortega Lara y Santiago Abascal fundan un partido a la derecha del PP". El Diario (en castelán). 14 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Las propuestas de VOX". El Mundo.
- ↑ "VOX nace en respuesta a un sentimiento de orfandad política en el centro derecha". ABC.
- ↑ Tristeza y decepción en Vox tras los resultados de las Elecciones Europeas in libertaddigital.com
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Antonio Ortega Lara |