José Antonio Armada
José Antonio Armada Pérez, nado en Bande en marzo de 1975, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) Bande, España |
Alcalde de Bande | |
2007 – 2020 – Sandra Quintas → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutentse de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Bande |
Ocupación | político , avogado |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid.
Foi escollido alcalde do Concello de Bande polo Partido Popular de Galicia nas eleccións municipais de 2007, ó encabezar por primeira vez a lista local do partido e lograr a maioría absoluta[1]. Revalidou a alcaldía nas municipais de 2011, 2015 e 2019, en todas con maioría absoluta.[2].
En marzo de 2020 presentou a súa renuncia como alcalde para poder ir nas listas do Partido Popular de Galicia pola provincia de Ourense para as eleccións galegas de dese ano. En xullo de 2020 saíu elixido deputado autonómico do Partido Popular por Ourense, manténdose ata as eleccións de 2024.
Predecesor: Ana Belén Vázquez |
Alcalde de Bande 2007 - 2020 |
Sucesor: Sandra Quintas |
Vida persoal
editarEstivo casado coa deputada popular Ana Belén Vázquez e non ten fillos.[3]
Notas
editar- ↑ Los 65 del presidente, el nuevo Executivo del Partido Popular de Ourense. www.ourensedixital.com, 31/01/2010. (en castelán)
- ↑ Listaxe de alcaldes de Ourense Arquivado 30 de setembro de 2010 en Wayback Machine..
- ↑ Regidores en la provincia de Ourense Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, sen data. (en castelán)